FSC-CCOO Galicia | 4 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    CCOO chama a participar mañá nas concentracións feministas contra a ameaza da extrema dereita

    • Terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!»

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) chama a participar mañá martes, 15 de xaneiro, nas concentracións convocadas polo movemento feminista contra a ameaza da extrema dereita. As mobilizacións terán lugar en varias cidades e vilas galegas baixo o lema «os nosos dereitos non se negocian!».

    14/01/2019.
    Mobilizacións no pasado 8M

    Mobilizacións no pasado 8M

    CCOO, organización que forma parte do movemento feminista galego, reproba que determinadas formacións políticas pretendan pór en cuestión os avances en materia de igualdade que se conseguiron grazas a moitos anos de loita. «O que precisamos é reforzar os mecanismos de protección ás mulleres, non matizalos como pide a dereita nin desmantelalos como pretende sen pudor a extrema dereita», afirma Mamen Sabio, secretaria de Muller, Igualdade e Migracións de CCOO de Galicia. Por esta razón, CCOO fai un chamamento á súa afiliación e ao resto da sociedade para que participe nas accións convocadas polos colectivos feministas. Concentracións 15 de xaneiro ? A Coruña. Ás 20 horas no Obelisco ? Ferrol. Ás 20 horas na praza da Constitución ? Santiago de Compostela. Ás 20 horas na praza 8 de Marzo ? Ribeira. Ás 20 horas na praza do Concello ? Sarria. Ás 20 horas na praza da Constitución (diante do Concello) ? Monforte de Lemos. Ás 20 horas na praza de España ? Ourense. Ás 19 horas diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro) ? Viana do Bolo. Ás 18 horas na praza Maior ? Pontevedra. Ás 19 horas na praza da Peregrina ? Vigo. Ás 20 horas diante do MARCO ? Lalín. Ás 20:30 horas na praza da Igrexa