FSC-CCOO Galicia | 9 Abril 2026.

  • Menú Documentos

    CCOO gaña as eleccións sindicais en Telyco A Coruña

    • A participación foi moi elevada, máis do 90 %

    O 21 de marzo celebráronse eleccións sindicais en Telyco A Coruña. Por primeira vez nesta provincia, o proceso era para elixir cinco persoas e constituír o Comité de Empresa da Coruña. A participación do 94,6 % foi moi elevada e os resultados, os seguintes: Candidatura de CCOO: 33 votos, 3 delegados/as Candidatura de UXT: 19 votos, 2 delegadas Branco: 1 voto A lista presentada por CCOO foi a máis votada e obtivo o apoio maioritario

    26/03/2019.
    CCOO gaña as EESS na Coruña

    CCOO gaña as EESS na Coruña

     Desde CCOO manifestamos o noso agradecemento a todas as traballadoras e traballadores pola súa participación no proceso e, especialmente, aos nosos candidatos e candidatas pola súa implicación e desexo dunha mellor representatividade do persoal.
    As metas de CCOO son defender os intereses e mellorar as condicións laborais con responsabilidade, mediante o diálogo e a coherencia. Este ano, ademais, afrontamos o importante reto de negociar un novo Convenio en Telyco e o voso apoio é esencial.