FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Creado o grupo de traballo do Aeroporto de Lavacolla

      O pasado día 9 de maio creouse o grupo de traballo do Aeroporto de Lavacolla, cuxo obxectivo é reunir a todos os delegados e delegadas de CCOO do aeroporto co fin de coordinarnos e poñer en común os aspectos ou problemas que nos encontramos no día a día para buscar unha solución conxunta. Neste grupo non só se integra o sector aéreo, senón que se fará un traballo transversal, incluíndo o persoal de seguridade, servizos, etc.

      15/05/2019.
      Grupo de trabajo de CCOO en el aeropuerto de Lavacolla

      Grupo de trabajo de CCOO en el aeropuerto de Lavacolla

      Nesta primeira reunión tratamos especificamente a problemática da licitación da cantina para o persoal; convocóusenos á concentración do próximo día 16 de maio en Lavacolla para seguir coas xornadas de protesta contra o seu peche. Así mesmo, tratamos outros temas, como as temperaturas na terminal ou o aparcadoiro, que abordaremos nas próximas reunións; son asuntos que afectan a todos os traballadores e traballadoras. Loitando en unidade lograremos mellores resultados, sen dúbida ningunha.
       
      Desde CCOO temos un compromiso cos dereitos de TODO o persoal do aeroporto de Santiago e temos a seguridade de que, traballando unidos, conseguiremos garantir que se respecten e melloren as condicións laborais no noso día a día.
       
      Para calquera consulta ou se nos queres suxerir un tema para tratar, non dubides en contactar co teu delegado ou delegada de CCOO. É O MOMENTO.