FSC-CCOO Galicia | 16 Xullo 2025.

  • Menú Documentos

    En Galicia, CCOO gaña as eleccións sindicais en Telefónica de España

    • CCOO consegue a representación do 50% de delegados e delegadas en Galicia
    • A representación por provincias é como segue: A Coruña con 6 delegados/as, Ourense con 3 delegados e Lugo con 1 delegada, máis os 8 delegados e delegadas de Pontevedra.

    O pasado 16 de maio celebráronse as eleccións sindicales de Telefónica de España nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo; en Pontevedra renovaranse os delegados e delegadas elixidos no 2020.

    21/05/2019.
    CCOO gaña as EESS de TElefónica en Galicia

    CCOO gaña as EESS de TElefónica en Galicia

    Os resultados deron unha maioría de delegados/as ás candidaturas de CCOO en Galicia, ao obter un total de 10 de 23 posibles, que sumados aos 8 de Pontevedra suman 18 de 36.
    Desde CCOO manifestamos o noso agradecemento a todas as persoas traballadoras pola súa participación no proceso: ás que apoiaron as nosas candidaturas en particular, á afiliación pola súa confianza e, especialmente, ás nosas candidatas e candidatos pola súa implicación e desexo dunha mellor representatividade no cadro de persoal.
    As metas de CCOO son defender e mellorar as condicións laborais aplicando a responsabilidade, o diálogo e a coherencia. Este ano, ademais, temos o importante reto de negociar un novo convenio colectivo; no Estado mantivemos a representatividade necesaria para continuar tendo peso na mesa de negociación.
    CCOO é o sindicato de clase que loita por unha vida digna para todo o mundo, dentro e fóra do mundo empresarial, esixindo unha sociedade mellor. Iso é o que nos representa e nos diferencia, e así seguirá sendo co voso apoio.