FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Xuventude en pé!

      Os días 17 e 18 de abril deste ano, CCOO celebrará unha Conferencia de Xuventude na que, co lema «Xuventude en pé! Repensar. Cambiar. Actuar», a xente nova afiliada ao sindicato debaterá sobre a problemática laboral e social da mocidade española e as fórmulas máis axeitadas para impulsar a incorporación e participación da xuventude traballadora en CCOO.

      08/01/2020.
      Jóvenes en pie

      Jóvenes en pie

      A Conferencia confederal de Xuventude representa un momento importante, moi importante, pero non o inicio ?previamente, miles de mozos e mozas participarán en asembleas e reunións para debater e elixir as delegadas e delegados que asistirán? nin, en ningún caso, o punto final ?as conclusións teñen que servir para dar un salto adiante na afiliación e participación da xuventude no sindicato? do empeño de CCOO para motivar a incorporación da xente nova traballadora ao sindicato.