FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Asinado o ERTE en ATENTO

    • En A Coruña son 17 traballadores e traballadoras pertencentes ao Servizo Hibu as persoas afectadas

    CCOO considera positivo o acordo asinado sobre o ERTE en Atento, porque se logra reducir o número de persoas afectadas e consegue a devindicación de vacacións e pagas extras, minorando o impacto económico sobre o cadro de persoal.

    13/04/2020.
    ERTE en Atento

    ERTE en Atento

    Na negociación do ERTE que Atento está levando a cabo, fóronse achegando posicións entre os sindicatos presentes na mesa e a empresa. A aposta de CCOO, reunión tras reunión, foi instar a empresa a que seguira traballando na implantación de máis postos de teletraballo.
    Finalmente, o acordo asinouse, logrando, grazas á insistencia de CCOO, a desafectación de todo o servizo de Wolters Kluwer, de toda o persoal afectado polo ERTE que está nestes momentos teletraballando, de 13 traballadoras do 11822 e do persoal adscrito aos servizos de Viesgo, Creditea e 4 financial (provincias de León e Madrid). Limitar os efectos do ERTE a 30 días despois do levantamento do estado de alarma como máximo, co establecemento dunha comisión de seguimento por parte dos asinantes. Outro logro moi importante é a devindicación de vacacións e pagas extras, minorando o impacto económico no persoal incluído neste ERTE.
    O ERTE terá efectividade desde o día 11 de abril de 2020, e todo o persoal que por rotación tería que traballar o día 10, queda exonerado.
    Desde CCOO valoramos os logros conseguidos nesta negociación, tanto pola redución do número de persoas afectadas como polas propostas presentadas e aceptadas. Respecto ao permiso retribuído recuperable, vaise procurar que o impacto da devolución das horas sexa o máis positivo para o persoal afectado.
    O acordo alcanzouse por maioría cos votos favorables de CCOO, UGT, USO, STC e o apoio de FASGA. Pola súa banda, CGT, ELA, CSIF e CIG seguen sen asumir ningún tipo de responsabilidade.