FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    #STOPLGTBIfobia - Contra a LGTBIfobia fan falta leis que garantan os dereitos de todas as persoas

    • No Estado español segue sen haber unha lexislación que garanta os dereitos das persoas LGTBI+ no conxunto do territorio, algo vital para que eses dereitos non dependan de leis autonómicas, nalgúns casos, inexistentes. Este ano, como consecuencia ou por efecto da crise sanitaria que arrasa o país, tampouco vai ser unha realidade esa lei.

    Este ano é o 30º aniversario da declaración da OMS que recoñece algo obvio: a homosexualidade non é unha enfermidade, como tampouco o son a bisexualidade ou as identidades transxénero e intersexuais.

    16/05/2020.
    #STOPLGTBIfobia

    #STOPLGTBIfobia

    Malia esa declaración da OMS, persisten as actitudes, condutas e accións que pretenden negar dereitos a unha parte da poboación. Seguen transcendendo episodios que CCOO condena rotundamente. Segundo os últimos datos dispoñibles do Ministerio do Interior, correspondentes a 2018, en España os delitos de odio por orientación sexual ou identidade de xénero representan o 16,2 % deste tipo de crimes, só por detrás dos racistas ou os cometidos por razóns ideolóxicas. En total, en 2018 producíronse 259 feitos coñecidos deste tipo de delitos de odio.

    Sen chegar a ese extremo, o rexeitamento e as discriminacións aínda están presentes noutros ámbitos sociais ou laborais. Segundo o último informe da OCDE «Miradas á sociedade», de 2019, as persoas lesbianas, gais, transexuais e bisexuais (LGTB) teñen un 7 % menos de posibilidades ca o resto da poboación de conseguir un emprego e, cando traballan, gañan un 4 % menos. Contra estas situacións de discriminación e desigualdade loitamos de forma directa desde CCOO no diálogo social, na negociación colectiva e na concertación social.

    Tampouco o escenario actual de pandemia e confinamento parecen contribuír a mellorar a situación. Segundo os datos preliminares dun grupo de investigación da Universidad Rey Juan Carlos, a Universidad Complutense de Madrid, a Universitat Autònoma de Barcelona e a Universitat de Barcelona, un 60 % das persoas LGTBI+ que se viron obrigadas a volver ás súas casas sofre situacións de non aceptación e de discriminación.Ademais, no último ano vetouse en España unha moción para combater a homofobia no deporte, déronse diferentes intentos de prohibir as manifestacións do orgullo, producíronse ataques de diversa gravidade a persoas trans, homosexuais, etc.

    O Estado español continúa sen ter unha lexislación que garanta os dereitos das persoas LGTBI+ no conxunto do territorio. Este ano, como consecuencia ou por efecto da crise sanitaria que arrasa o país, tampouco vai ser unha realidade esa lei. Esa norma é vital para que os dereitos das persoas LGTBI+ non dependan das leis autonómicas, nalgúns casos inexistentes.

    Malia as dificultades, o desconcerto, as dúbidas, é preciso seguir adiante. Esta non é a primeira vez que topamos atrancos, nin será a última.

    CCOO, como organización, pasou por tempos difíciles, duros. Sendo conscientes desas loitas que se afrontaron e superaron, este 17 de maio deixamos moi claro o rexeitamento á LGTBIfobia en todos os planos da vida.