FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO súmase á denuncia do colapso dos servizos sociais comunitarios

    • O Sector da administración local da FSC-CCOO Galicia inicia unha campaña de denuncia e sensibilización co lema “#MoitoMáisServizosSociais”.

    O Sector da Administración Local da FSC-CCOO Galicia ante a grave situación que están atravesando os Servizos Sociais municipais e comunitarios para atender a avlancha de demanda de axuda pola emergencia social provocada pola pandemia do coronavirus, sin os recursos mínimos necesarios, sin os medios técnicos administrativos adecuados, coas plantillas baixo mínimos e sin as medidas de protección imprescindibles. Inicia unha campaña de denuncia e sensibilización co lema “MOITO MAIS SERVIZOS SOCIAIS”, que consiga respostas minimamente eficaces para mellorar esta situación.

    12/06/2020.
    CCOO sumase á denuncia do colapso dos servizos sociais comunitarios.(foto do Concello de Santa Comba)

    CCOO sumase á denuncia do colapso dos servizos sociais comunitarios.(foto do Concello de Santa Comba)

    As medidas laborais extraordinarias adoptadas, as actuais Rendas Mínimas de Inserción das Comunidades Autónomas e o Ingreso Mínimo Vital aprobado polo goberno do estado, non evitan a necesidade de complementar a cobertura ás persoas máis vulnerables con unha intervención social de emergencia dende os servizos sociais municipais e públicos.

    Esta responsabilidade non pode delegarse nas entidades sociais, texido asociativo e a solidariedade asistencial cidadá, cuxo papel é encomiable e necesario, pero non é nin suficiente, nin pode sustituir a obligación da administración de cubrir as necesidades sociais e vitais da cidadanía en situación de desamparo. Os dereitos sociais deben ter unha desposta pública e profesional digna.

    Dende o Sector da Administración Local de CCOO instamos por escrito a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e dende as nosas secións sindicáis dos Concellos e Deputacións as Alcaldías e Presidencias das Deputacións, para que tomen as medidas necesarias que eviten este colaso generalizado, solicitando que:

    Se implemente un PLAN EXTRAORDINARIO MUNICIPAL E PROVINCIAL DE ATENCIÓN E INTERVENCIÓN SOCIAL de atención á emerxencia social da crise do coronavirus.Dotación orzamentaria necesaria para que, xunto coa financiación doutras administracións, se implanta dito Plan.Que a execución de dito plan se execute con criterios de axilidade e de confianza nas e nos profesionais dos Servizos Sociais.Que se realicen as contratacións urxentes imprescindibles para contar co 100% das plantillas e proceder ao aumento do persoal necesario para atender ao gran aumento de demanda por parte da cidadanía máis vulnerable.

    Ademáis, no plano de saude laboral e prevención de riscos, esixese que:

    Se poñan os medios necesarios para proteger adecuadamente ás plantillas e as usuarias e usuarios.Que a atención directa se faga compatible co teletraballo de todas as tarefas nas que non é imprescindible a atención presencial.