FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Día do Orgullo LGTBI+ 2020 - Orgullo de ser mulleres lesbianas, trans, bisexuais

    • Manifestación estatal virtual o sábado 4 de xullo ás 19:00 horas

    Achégase un novo Día do Orgullo LGTBI+ e CCOO desexa reiterar o seu compromiso de frear a LGTBIfobia, nun ano especialmente complicado e azoutado pola pandemia do coronavirus.

    27/06/2020.
    Día do Orgullo LGTBI+ 2020

    Día do Orgullo LGTBI+ 2020

    A crise sanitaria e tamén social e económica fixo emerxer problemas enquistados. Quen xa partía dunha situación de vulnerabilidade non pode ver aínda máis agravadas as súas condicións de vida.
    — Cando dicimos #STOPLGTBIfobia queremos incidir en varrer a intolerancia e os prexuízos sociais que aínda persisten en relación coas persoas LGTBI+.
    — Cando dicimos #STOPLGTBIfobia reafirmámonos na necesidade de avanzar en dereitos para todas as persoas LGTBI+.
    Este Orgullo 2020, organizado pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), celebrarase o vindeiro día 4 de xullo cunha manifestación virtual baixo o lema «Sororidade e feminismo para TRANSformar. Mulleres lesbianas, trans e bisexuais en acción! Polas máis vulnerables!».
    Serán as mulleres lesbianas, trans e bisexuais as protagonistas do orgullo deste ano, que reivindicará máis feminismo e máis dereitos. Porque ser lesbiana, trans ou bisexual significa enfrontarse tanto ao machismo imperante como á LGTBifobia.
    Unha manifestación reivindicativa e asemade festiva, á que CCOO se sumará, como vén sendo habitual, a través deste 28X Día Internacional do Orgullo LGTBI+ e á que sumamos a nosa participación na manifestación virtual do 4 de xullo.
    — CCOO continuará traballando fronte ao machismo e fronte á LGTBIfobia que golpea con especial dureza as mulleres trans, bisexuais e lesbianas.
    — CCOO continuará traballando en mellorar a vida e as condicións materiais de todas as persoas LGTBI+.
    — CCOO continuará traballando para que a igualdade no emprego sexa unha realidade, porque a situación actual é realmente preocupante: un 72 % das persoas LGTBI+ (7 de cada 10) evitan dicir que o son no seu posto de traballo porque entenden que lles prexudicará no seu desenvolvemento profesional, segundo datos do Proxecto Europeo Avanzando na xestión da diversidade LGTB+ no sector público e privado (ADIM).
    — CCOO seguirá demandando políticas non discriminatorias en materia de emprego, especialmente para as persoas trans, que se encontran un 80 % no desemprego. Ademais, un 38 % delas afirman que foron discriminadas á hora de buscar un traballo, segundo unha enquisa da Axencia de Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
    — CCOO continuará traballando na negociación de cláusulas nos convenios colectivos que acaben coas discriminacións no mundo do traballo.
    — CCOO continuará esixindo a aprobación dunha lei estatal LGTBI+ que consolide dereitos no ámbito estatal e que aposte pola despatoloxización das persoas trans e polo dereito de autodeterminación de xénero.
    — CCOO continuará esixindo unha atención sanitaria que teña en conta as necesidades das persoas LGTBI+.
    — CCOO continuará traballando para que a diversidade sexual e de xénero estea presente nas aulas e para que nenos, nenas e adolescentes LGTBI+ non sufran ningún tipo de discriminación ou acoso.
    — CCOO continuará traballando na protección dos dereitos das persoas mozas LGTBI+ que durante esta pandemia se viron obrigadas a «armarizarse» diante das súas familias.
    — CCOO continuará denunciando os delitos de odio contra a poboación LGTBI+ e anima á súa denuncia.
    O Orgullo LGTBI+ estará presente este año en ventás, terrazas e balcóns. Será do 26 de xuño ao 5 de xullo e desde CCOO animámosvos a participardes tanto nestas accións de visibilidade e reivindicación como na manifestación estatal