FSC-CCOO Galicia | 28 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O persoal de Política Social entrega sinaturas na Xunta

    • O persoal dos centros residenciais que dependen da Consellaría de Política Social protagoniza o xoves, día 9, a súa sétima semana de mobilizacións. Cadrando coa xornada reivindicativa polos seus dereitos laborais, entregarán no Rexistro xeral da Xunta de Galicia as sinaturas de apoio que recolleron.

    Como cada semana, mantéñense as concentracións previstas ás portas dos centros de traballo, que terán lugar en horario de 11 a 11:30 horas.

    08/07/2020.
    Concentracion_diante_dunha_residencia_de_maiores_de_Ferrol,_o_pasado_xoves

    Concentracion_diante_dunha_residencia_de_maiores_de_Ferrol,_o_pasado_xoves

    As organizacións sindicais CCOO, CIG, CSIF e UGT reivindican uns servizos sociais públicos e de xestión directa, incrementando as prazas e os cadros de persoal; a recuperación dos dereitos recortados no ano 2012, recoñecendo e compensando o traballo en domingos e festivos; e a eliminación da taxa de reposición, para eliminar a elevada temporalidade.