FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Petición dimisión da Conselleira de Política Social por inútil na xestión do conflito que afecta ao persoal dos centros da Consellería de Política Social

    • 9ª xornada de loita nos centros residenciais da Consellería de Política Social

    As organizacións sindicais convocantes protagonizaron un NOVO XOVES DE LOITA, solicitando a dimisión da Sra. Fabiola García pola nula xestión na política de persoal do seu departamento, pola negativa á negociación colectiva, polo desprezo e a falta de recoñecemento profesional, e polo abandono e privatización dos servizos sociais públicos.

    24/07/2020.
    9ª xornada loita persoal Política Social

    9ª xornada loita persoal Política Social

    Este xoves 23 de xullo, as organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT fixeron un novo acto de protesta diante da entrada do Edificio Administrativo de San Caetano (entrada da cafetería), onde pediron a dimisión da Sra. Fabiola García, por continuar despois de 9 xoves seguidos sen recibir aos lexítimos representantes do persoal dos centros residenciais da Consellería de Política Social.

    Neste acto denominado XOVES DE LOITA, se volveu a solicitar a dimisión da Sra. Conselleira de Política Social, diante da obstinada actitude de negarse a propiciar unha saida consensuada a este conflito.

    As reivindicacións resúmense en:

    − Incrementar as prazas públicas e de xestión directa, para que non se faga negocio co coidado dos maiores

    − Devolver as compensacións por festivos e domingos traballados, recortadas no ano 2012

    − Transformar tódolos contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa, e reducir a excesiva temporalidade nos servizos sociais (mais do 40% do persoal é temporal).

    As organizacións sindicais convocantes critican que desde a Presidencia do Goberno no se inste, a quen corresponda, a que reciba aos representantes dos traballadores/as para tratar parar estas mobilizacións e accións de protesta, que so pretenden mellorar os servizos sociais públicos, suprimir a discriminación que sufre o persoal dos centros residenciais, que seguen cos dereitos recortados, desde o ano 2012, e estabilizar e dignificar o emprego público na area dos servizos sociais da Xunta de Galicia.

    Tendo en conta que a Sra. Fabiola García, é incapaz de asumir a súa responsabilidade, tampouco podemos entender que ninguén da Xunta de Galicia, se preocupe por darlle unha saída xusta as reivindicacións do persoal dos centros residenciais de Política Social.

    Tamén como os xoves anteriores, hoxe 23 de xullo, de 11:00 a 11:30 horas, celebráronse concentracións diante de tódolos centros de atención directa a usuarios da Consellería de Política Social, e si non hai resposta por parte do Goberno da Xunta de Galicia, estas continuaran todo o tempo que sexa necesario.