FSC-CCOO Galicia | 26 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia a situación insostible do transporte urbano de Ourense e solicita a intervención da Xunta de Galicia

      Dende CCOO a través do Comité de Empresa da actual concesionaria do Transporte Urbano do Concello de Ourense “ Urbanos de Ourense S.L.” do Grupo Avanza, denunciamos a situación insostible do mesmo

      22/10/2020.
      Autobuses urbanos ourense

      Autobuses urbanos ourense

      - A precariedade absoluta da flota de vehículos, agravada dende a caducidade da Concesión cunha antigüidade dos vehículos intolerable (algún supera os 17 anos de vida), remendada unicamente con vehículos obsoletos rexeitados en outras concesións e que tras un lavado de cara son postos en servizo en Ourense.
      - A falta de actualizacións dos tempos das liñas , que datan de fai 25 anos e provocan atrasos continuados.
      - A inutilidade manifesta dos políticos para licitar en anos anteriores a Concesión, únese a situación de desgoberno actual que non é moi optimista o respecto.
      - O menosprezo á negociación colectiva por parte da actual empresa que pese a estar , dende a caducidade da concesión, beneficiándose dunha sentencia que grava cun 6% calquera gasto da mesma como beneficio empresarial, non è quen de acadar un acordo de Convenio digno, obrigando irremediablemente a mobilización dos traballadores.
      - A situación actual de colapso das liñas en horas punta con leva que os autobuses teñan que pasar de largo polas paradas co aforo mais que completo

      . A falla de control, previsión, medidas e medios fai que o transporte urbano de Ourense sexa un Servizo caótico , precario e ademais nesta situación de crecemento dos contaxios pola pandemia da COVID, en vez de ser un corta lumes, estase a converter en un factor de inseguridade e contaxio que previsiblemente ca chegada das chuvias e frío aínda se vai ver agravado si cabe.
      - A precariedade estendese perigosamente. As medidas de desinfección dos vehículos que se realiza so una vez o dia en contra do recomendable, mínimo cada cambio de quenda.
      Por todo elo ante a situación límite e co conseguinte perigo para os usuarios de dito Servizo CC.OO. solicita a intervención por parte da Xunta de Galicia do transporte Urbano de Ourense, como se fai cas Residencias de Maiores privadas, o non poder a actual Concesionaria “Transportes Urbanos de Ourense S.L. Grupo Avanza” manter un Servizo esencial para a cidadanía cuns mínimos baremos de seguridade e calidade.