FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Vitrasa comunícalle ao comité que non poderá pagar a extra

    • Tamén periga a nómina de decembro

    O persoal de Vitrasa, a concesionaria do transporte público de Vigo, non cobrará a paga extra de decembro. Así o informou a dirección nunha reunión extraordinaria co comité. Ademais, tamén está en perigo a propia nómina deste mes.

    17/12/2020.
    Autobús Vitrasa

    Autobús Vitrasa

    Segundo Comisións Obreiras (CCOO), o Concello acáballe de prorrogar por cinco anos máis a concesión do transporte público a Vitrasa, polo que a actuación da empresa é «lamentable», máis aínda nestas datas e tras padeceren as traballadoras e traballadores un ERTE durante a pandemia.

    «Deixan o persoal sen recursos para soster as súas familias», denuncia CCOO, que convoca unha asemblea de traballadoras e traballadores para este sábado, 19 de decembro, na cal se decidirán as medidas que van adoptar.