FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Convocadas mobilizacións no transporte urbano do concello de Ourense

    • Os paros comezarán o 28 de decembro
    • Desde o 15 de xaneiro, convocada folga indefinida en todas as quendas e servizos

    A asemblea de traballadores e traballadoras tomou a decisión por unanimidade de convocar paros desde o 28 de decembro polas dificultades e estancamento na negociación do convenio colectivo.

    21/12/2020.
    Mobilizacións no urbano de Ourense

    Mobilizacións no urbano de Ourense

    Tras dez reunións, non se chegou a acordo significativo en temas fundamentais como son os de xornada, salario e descansos, e a empresa pretende modificar o sistema retributivo, o que suporía unha perda salarial que pode superar os 200 euros ao mes por traballador e traballadora.

    A folga foi rexistrada na autoridade laboral da Xunta, a propia empresa e no Concello por rexistro entre o 15 e o 17 do presente mes.

    O Grupo Avanza ostenta a maioría dos accionistas da empresa, sendo os seus responsables os encargados da negociación do convenio.

    Dende o comité queremos pedirlle á cidadanía o seu apoio e, ao mesmo tempo, desculpas polas molestias que esta reivindicación poida supoñer, na certeza de que vai derivar nunha mellora do servizo.

    As mobilizacións aprobadas son:

    28, 29 e 30 secembro, de 08 a 10 h, de 13 a 15 h e de 19 a 21 h.

    31 decembro, de 08 a 10 h e de 13 a 15 h.

    4, 5, 8, 11, 12, 13, 14, de 08 a 10 h, de 13 a 15 h e de 19 a 21 h.

    Dende o 15 de xaneiro de 2021 incluído, folga indefinida en todas as quedas e servizos.