FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    En FSC-CCOO Galicia loitamos contra a LGTBIfobia, hoxe e sempre!

      O 17 de maio de 1990, a Organización Mundial da Saúde eliminou a homosexualidade da listaxe de enfermidades mentais, e este fito histórico para o colectivo LGTBI deu lugar ao Día Internacional da Loita Contra a LGTBIfobia. 

      14/05/2021.
      Logo dia internacional LGTBI

      Logo dia internacional LGTBI

      O 17 de maio, é un día específico para manifestar e denunciar as actitudes de odio e violencia contra o colectivo LGTBI. Pero estas denuncias deben manterse todos os días do ano. Os estereotipos, os prexuízos e a estigmatización do colectivo golpean de novo os nosos dereitos. No Estado español, os delitos de odio contra persoas pola súa orientación sexual e identidade e/ou expresión de xénero cóntanse por centos, segundo as Redes Contra o Odio da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais. 

      Por iso, desde FSC-CCOO temos que manter o compromiso de continuar traballando, non só polo recoñecemento dos dereitos das persoas da comunidade LGTBI no traballo, senón polas transformacións pendentes no senso ético-político que merece unha sociedade incluínte e respectuosa coa diversidade sexual e de xénero e as súas cidadanías, nas cales a nosa organización debe ter un papel activo, xerando espazos de debate e posturas determinantes.