FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO reivindica a urxente necesidade de elaborar un plan de atención aos trastornos adictivos

      As consecuencias dunha política de desatención e deterioración da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas de Galicia (RTCAG) pode abocar á desaparición dunha estrutura asistencial altamente especializada e cualificada que prestou un servizo irreemplazable a máis de 70.000 familias galegas e que, a pesar das súas crecentes dificultades, ten máis de 13.000 persoas a tratamento na actualidade. Nestas circunstancias, reivindicamos a urxente necesidade de elaborar un plan de atención aos trastornos adictivos, dentro do ámbito da asistencia especializada e enmarcado nas estratexias de saúde mental, que solucione dunha vez por todas a normalización da asistencia sanitaria a esta complexa patoloxía, 

      19/05/2021.
      Unidade Conductas adictivas de Carballo en el edificio dos Servizos sociais do Concello.

      Unidade Conductas adictivas de Carballo en el edificio dos Servizos sociais do Concello.

      A Rede de Tratamento de Condutas Adictivas de Galicia (RTCAG), xestionada conxuntamente con municipios e ONG, integra 30 dispositivos e máis de 200 profesionais que proporcionan tratamentos en réxime ambulatorio, semirresidencial e residencial, cun modelo de atención integral, biopsicosocial e comunitario que da respostas asistenciais eficaces ás múltiples dimensións do problema das drogodependencias 

      Desde 2009 estase a producir unha deterioración progresiva na coordinación, estrutura e actividade da RTCAG, reflectido nas seguintes accións: 

      • Paralización do proxecto de integración desta rede asistencial, obrigando a concellos e ONG a manter a xestión duns recursos sanitarios que son de competencia exclusiva do Servizo Galego de Saúde.

      • Cambios na organización do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade que foron deteriorando a dependencia orgánica e funcións das estruturas competentes en saúde mental e drogodependencias que conlevaron, na práctica, o desmantelamento do PGD.

       • Muda dos convenios bilaterais anuais nun convenio instrumental coa Federación 

      Galega de Municipios, para as administracións locais.

      • Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016 profundamente desatendido polas estruturas responsables do seu desenvolvemento. 

      • Incumplimento dos obxectivos da Estratexia Sergas 2020 en materia de adiccións 

      • Minimización das adiccións e invisibilización da RTCAG no Plan de Saúde Mental de Galicia poscovid-19

      As solucións peopostas:

      • Elaboración dun plan de futuro que dea resposta ás necesidades reais da saúde mental e especificamente ás necesidades organizativas e funcionais en materia de asistencia aos trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos, baseado na evidencia científica, os indicadores do Sistema Nacional de Saúde, a opinión e colaboración de persoas expertas, os resultados de avaliacións de documentos estratéxicos anteriores e as opinións das persoas usuarias do sistema público de saúde.

      • Incorporación deste plan na Estratexia galega de saúde, con elaboración específica dun plan de desenvolvemento sectorial, conforme ao establecido no capítulo VI sobre a “Planificación do Sistema público de saúde: a Estratexia galega de saúde e os seus instrumentos de desenvolvemento sectorial e territorial”, da Lei 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.