FSC-CCOO Galicia | 5 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    A Federación de Servizos á Cidadanía convoca

    I CONCURSO DE DEBUXO FSC-GALICIA 2021

    • O Concurso está dirixido aos fillos e fillas da afiliación á Federación de Servizos á Cidadanía
    • Os debuxos premiados serán o soporte gráfico do calendario do ano 2022

    A Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia convoca o I CONCURSO DE DEBUXO dirixido aos fillos e fillas menores de 13 anos de afiliados/as á Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia. A temática é o medio ambiente. Ás persoas premiadas obsequiaráselles cun cheque regalo que se poderá trocar por material escolar ou deportivo por valor do premio acadado; ademais, os debuxos serán o soporte gráfico do calendario do ano 2022.

    30/09/2021.
    I CONCURSO DEBUXO FSC GALICIA 2021

    I CONCURSO DEBUXO FSC GALICIA 2021

    Neste I Concurso de Debuxo 2021, o tema elixido é "o medio ambiente" e poderán participar aquelas nenas e nenos con idades non superiores a 13 anos. O prazo máximo para enviar os debuxos é ata o próximo 25 de outubro. Aos gañadores e gañadoras do concurso, ademais de utilizar as súas creacións para confeccionar o calendario, obsequiaráselles cun premio que lles será notificado por escrito. Podes consultar e ampliar esta información nas bases da mostra de debuxos, dispoñibles na túa Sección Sindical e/ou no documento á dereita indicado. Desde a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia animámosvos a participar e desexamos moita sorte a todos os concursantes.