FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    20 DE OUTUBRO ÁS 12 HORAS | A CORUÑA

    O persoal de Abai na Coruña irá á folga o mércores para defender os seus dereitos laborais fronte á nova propiedade

    • O propio día da folga haberá unha concentración ás 12 horas diante da sede da empresa

    O comité de empresa de Abai na Coruña, a antiga Extel, irá á folga o mércores, 20 de outubro,para defender os seus dereitos laborais fronte á actual propiedade. Desde que tomou o mando, Abai Grouppretende recortar as condicións de traballo do centro de chamadas coruñés, que emprega a máis deseiscentas persoas

    18/10/2021.
    mobilizacións en abai group polas condicións laborais

    mobilizacións en abai group polas condicións laborais

    Desde o comité advirten que «non imos consentir» un retroceso canto ás condicións laborais e afirman queo persoal está «farto» de presións e da elevada carga de traballo.Entre outras cuestións, esixen manter o sistema de petición de vacacións anterior ao cambio de propiedade,coñecer con antecedencia que fins de semana terán que traballar e acabar co cambio unilateral do sistemade incentivos. Tamén reivindican formación axeitada para o traballo encomendado e que rematen aspresións.O propio día da folga haberá tamén unha concentración ás 12 horas diante da sede da empresa, na rúa deEnrique Mariñas.