FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Primeiro concurso de fotografia en instagram

      Con motivo da apertura da nosa conta de Instagram, a Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO Galicia animámosvos a participardes na primeira edición do Concurso de Fotografía FSC-Galicia.

      28/12/2021.
      primeiro concurso fotografía

      primeiro concurso fotografía

      O tema terá que estar relacionado co mundo do traballo desde o punto de vista da xuventude e a súa problemática laboral (traballo precario, bolseiros/as, temporalidade…)

      No concurso poderán participar persoas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e comeza ás 00.00 h do día 7 de xaneiro do 2022 e remata ás 00.00 h do día 21 de xaneiro de 2022.

      A participación é gratuíta. 

      − Só se aceptarán imaxes publicadas en Instagram entre as datas indicadas e que cumpran este punto correctamente.

      − Unha vez finalice o concurso, a Federación de Servizos á Cidadanía subirá as imaxes que cumpran as bases á súa conta de Instagram (@fscccoogalicia). Isto ocorrerá o luns, 24 de xaneiro do 2022.

      − A partir dese momento, ábrese un período de votación popular no que as fotos serán votadas mediante «Gústame».

      − A votación pecharase o venres, 28 de xaneiro, ás 00.00 h.

      Se queres podes consultar as bases completas no enlace da dereita