FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia irregularidades nas eleccións sindicais de Saerco Vigo

      O pasado día 22 de xaneiro constituíuse a mesa de Saerco na torre de control de LEVX. Ao longo de todo este proceso, desde o sector aéreo de CCOO vimos detectando unha serie de irregularidades que nos levaron a presentar reiteradas reclamacións á mesa electoral para garantir que este proceso se desenvolva conforme á normativa legal.

      28/01/2022.
      CCOO garantía de limpeza electoral e defensa das traballadoras e traballadores

      CCOO garantía de limpeza electoral e defensa das traballadoras e traballadores

      Malia as trabas que sufrimos durante este proceso, non desistimos do noso empeño de supervisar que este se leve a cabo con todas as garantías, xa que o sindicato convocante USCA se atopa ausente no seu deber como convocador ou directamente induce a ilegalidades como propoñer o voto delegado como medio de votación.

       

      Disto só se poden concluír dúas cousas: ou ben non o sabe, o cal deixa de manifesto a súa ineptitude como sindicato na defensa dos dereitos máis fundamentais, ou ben é cómplice, o que sería máis grave aínda, xa que estaría actuando contra a lei.

       

      Entendemos que non é completa a responsabilidade da mesa electoral respecto ás trabas que sufrimos, senón do sindicato USCA por non informar convenientemente os integrantes da mesa sobre os seus dereitos e deberes. De feito, a mesa insiste unha e outra vez nos seus escritos en que CCOO non acode á súa composición, sabendo (ou iso esperamos) que a lei non obriga a acudir a este acto, pero SI obriga a facilitar o acceso de calquera central sindical á documentación do proceso. Só esperamos non ter de novo problemas o día da votación pois, teñamos ou non candidatura, CCOO estará presente para garantir que a lei se cumpre rigorosamente.