FSC-CCOO Galicia | 19 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO logra un importante acordo coa empresa de transportes Acotral para mellorar as condicións de máis de 4000 persoas traballadoras

    • Para o sector de Estrada e Loxística da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, o acordo, que marca o camiño cara á dignificación da profesión, demostra que o diálogo social dá resultados se hai vontade das partes.

    O sector de Estrada e Loxística de FSC-CCOO e a empresa de transportes Acotral alcanzan un importante acordo para mellorar as condicións de traballo de máis de 4000 persoas que forman parte do seu cadro de persoal. O acordo logra un equilibrio entre o benestar das traballadoras e os traballadores e os índices de produtividade, calidade e esixencia que lles marca o seu traballo.

    01/02/2022.
    estradas e loxistica

    estradas e loxistica

    Entre outras melloras, o acordo subscrito inclúe as seguintes:

     — 40 horas de traballo á semana reais, nun sector en que esa xornada semanal é case unha utopía.

     — 150 euros brutos mensuais de incremento na nómina para este 2022, o que supón arredor de 2500 € brutos mensuais para o persoal.

     — Unha garantía no emprego a través de políticas serias e dialogadas entre a empresa e a representación legal dos traballadores e traballadoras.

     — Un seguro de saúde para todo o persoal, que vai máis alá das coberturas por falecemento ou incapacidade que marcan os diferentes convenios colectivos sectoriais de aplicación.

     Estas e outras melloras nas condicións laborais, xunto con acordos de flexibilidade, eficacia, excelencia no traballo, etc. reflicten que si hai outra maneira de facer as cousas desde o prisma da negociación colectiva. En opinión do sector de Estrada e Loxística de FSC-CCOO, o acordo subscrito volve abaixarlle a crista a patronais do transporte e ao ministerio do ramo, máis ancorados en épocas pasadas e que se ocultan tras datos interesados e, nalgunhas ocasións, tras posibles falsidades para non chegar a acordos.

     Hai apenas un mes e medio, patronal e ministerio debatían o futuro incerto dun sector que carece de vontade real tanto de empresarios e patronais, como da propia Administración para arranxar os verdadeiros problemas do sector e das persoas profesionais.

     Nin a ministra, nin a patronal, nin o recente acordo entre as partes serviron para axeitar as condicións laborais e salariais dos traballadores e traballadoras do sector. A lexitimidade dos sindicatos conquístase cos votos dos millóns de persoas traballadoras nos centros de traballo, e isto é un feito que nos serve para alcanzar melloras sociais e laborais e dignificar día a día a profesión.

     Desde o sector de Estrada e Loxística de FSC-CCOO lembramos que o diálogo social dá resultados só se hai vontade das partes, e é evidente que funciona entre Acotral e a súa representación sindical. Lamentamos que non suceda o mesmo coa patronal do transporte de mercadorías e co Ministerio de Transportes.