FSC-CCOO Galicia | 11 Outubro 2025.

  • Men煤 Documentos

    Convocado o plan formativo ofim谩tico EGAP 2022

    • A Escola Galega de Administraci贸n P煤blica publica no DOG do 1 de febreiro as actividades formativas
    • O prazo de presentaci贸n de solicitudes remata en 10 d铆as a partir de hoxe

    O 27 de xaneiro de 2022 se convocaron as actividadesformativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para opersoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza e das entidades locais, así como para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

    02/02/2022.
    Escola Galega Administraci贸n P煤blica

    Escola Galega Administraci贸n P煤blica

    O Plan formativo ofimático para o ano 2022 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.

    Deste xeito, garántese que todas as persoas destinatarias do plan formativo, con independencia da Administración da cal formen parte, poidan acceder a esta formación de carácter transversal, que é precisamente unha das que concentra a maior demanda. Con isto procúrase unha xestión máis eficiente desta e unha maior racionalización na cobertura das prazas.

    O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

    Documentaci贸n asociada
    Documentaci贸n asociada