FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O Concello de Ferrol abre o prazo para solicitar a carreira profesional

    • O prazo comeza o 15 de febreiro e remata o 15 de marzo

    CCOO e UGT destacan a aprobación da carreira profesional e aseguran que redundará nunha mellora de calidade e eficiencia de todos os servizos, o que, pola súa vez, repercutirá nun mellor servizo para o conxunto da cidadanía.

    10/02/2022.
    Carreira profesional

    Carreira profesional

    A pesar das pedras postas no camiño por parte doutros, os membros do grupo de traballo de CCOO, co apoio de UGT, conseguen sacar este importante acordo coa concelleira delegada da Área de Recursos Humanos ,Maite Deus, e posteriormente publicada a súa aprobación definitiva o día 30 de novembro.

    A carreira profesional, supón "o recoñecemento do dereito do persoal empregado a progresar de maneira individualizada, o recoñecemento ao seu desenvolvemento profesional no que ten que ver os coñecementos, formación, experiencia, participación e iniciativas concretas de traballo que supoñan implicación e compromiso co Concello e outros aspectos relevantes, segundo o caso, para a correspondente profesión.

    Tal e como eles aseguran, "por fin temos un regulamento equiparable a outras administracións que dende hai tempo o teñen xa implantado, como o Sergas e a Administración de Xustiza en Galicia, ademais doutros concellos como Narón, Pontedeume ou Santiago de Compostela.