FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Asinado o primeiro Plan de Igualdade do Concello de Barreiros

      O Comité de Empresa do Concello de Barreiros, onde CCOO ten maioría, asinou o primeiro plan de igualdade da Administración local na provincia de Lugo. 

      21/02/2022.
      Asinado o Plan de Igualdade no Concello de Barreiros

      Asinado o Plan de Igualdade no Concello de Barreiros

      Con este acordo cúmprese o establecido no artigo 64 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes que di: "O Goberno aprobará, ao comezo de cada lexislatura, un Plan para a Igualdade entre mulleres e homes na Administración Xeral do Estado e nos organismos públicos vinculados ou dependentes dela. O Plan establecerá os obxectivos para alcanzar en materia de promoción da igualdade de trato e oportunidades no emprego público, así como as estratexias ou medidas que se han adoptar para a súa consecución. O Plan será obxecto de negociación, e se for o caso acordo, coa representación legal dos empregados públicos na forma que se determine na lexislación sobre negociación colectiva na Administración pública e o seu cumprimento será avaliado anualmente polo Consello de Ministros"

      Podemos pensar que nas Administracións públicas non hai discriminacións nin de tipo salarial nin de tipo laboral, posto que todo está regulado; con todo, cando se avalía unha diagnose ou unha auditoría retributiva, aparecen traballos masculinizados, feminizados e complementos retributivos que non sempre están repartidos como deberían.

      Desde CCOO seguiremos na loita para que cada empresa e cada administración elabore o seu propio plan de igualdade e se poñan os medios para acabar con este tipo de discriminación.