FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    O ‘contact center’ mobilízase por un convenio xusto

      Ante a falta de avances na negociación do convenio colectivo do sector de centros de chamadas (contact center), este 22 de febreiro, coincidindo cun congreso da patronal, fíxose diante do Hotel Ritz de Madrid a primeira concentración para reclamar aumentos salariais para este colectivo

      23/02/2022.
      O ‘contact center’ mobilízase por un convenio xusto

      O ‘contact center’ mobilízase por un convenio xusto

      CCOO esixe a regulación desde o 1 de xaneiro de todas as nóminas que xa teñen un salario inferior ao salario mínimo interprofesional (sim). E o día 24 de febreiro, un compromiso firme de adiantar, polo menos, todo o perdido ata hoxe. Esta situación non debe prorrogarse nin un día máis, matiza CCOO.

      Desgraciadamente, é a primeira vez na historia da democracia que o smi é máis elevado que algunha das categorías do convenio. Dous anos de infrutuosa negociación do convenio sen ningún avance son a causa de que a situación dos cadros de persoal sexa desesperada, asumindo os custos do teletraballo, cun salario conxelado e a suba desbocada dos prezos.

      CCOO espera que o día 24 de febreiro, na mesa do convenio, se produza algún avance na negociación, suba salarial de convenio, redución da temporalidade, contratación indefinida, xornadas completas..., se non, o sector iniciará un proceso de mobilizacións.

      Por último, CCOO solicita á patronal CEX que recapacite. As empresas gañaron moito diñeiro durante a pandemia e aforraron co teletraballo. A negociación debe desatascarse e a aprobación da nova reforma laboral ha dar impulso para reducir a temporalidade no sector.