FSC-CCOO Galicia | 8 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Acordado o Plan de Igualdade de GT Motive

      O 28 de febreiro asinouse o Plan de Igualdade de GT Motive, empresa do sector de Gráficas que conta con centros de traballo nas provincias da Coruña e Madrid, cun persoal total de 250 persoas.

      03/03/2022.
      Acordado o Plan de Igualdade en GT Motive

      Acordado o Plan de Igualdade en GT Motive

      Queremos felicitar as delegadas e delegados de Comisións Obreiras pola súa participación e implicación na negociación deste Plan de Igualdade, demostrando que a igualdade debe ser un piar fundamental na nosa negociación colectiva.

      Agora comeza o percorrido de implantar e avaliar todas as accións acordadas para promover e garantir a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.