FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia discriminación por razón de xénero dunha traballadora do Concello de Lugo

      A sección sindical de CCOO denuncia a discriminación por razón de xénero sufrida por unha traballadora do Concello de Lugo. O sindicato sinala que á afectada se lle negou a percepción do complemento de produtividade porque se excluíu do cálculo o tempo que estivo de baixa por risco no embarazo e, posteriormente, gozando do permiso de maternidade. CCOO sinala que esta exclusión é «contraria a dereito» e constitúe unha discriminación por razón de xénero que, ademais, choca coa lexislación que protexe as situacións de embarazo e maternidade.

      18/03/2022.
      A discriminación das mulleres por seren traballadoras e nais prodúcese xa desde o momento do embarazo, con independencia de se chega a bo termo ou non, sinala a sentenza do TSXG

      A discriminación das mulleres por seren traballadoras e nais prodúcese xa desde o momento do embarazo, con independencia de se chega a bo termo ou non, sinala a sentenza do TSXG

      CCOO lembra que «numerosas» sentenzas en todo o Estado consagran o dereito das mulleres a percibiren os complementos a que terían dereito durante o tempo de baixa médica por embarazo ou de maternidade. «O contrario constitúe unha discriminación, xa que só as mulleres están suxeitas a este tipo de situacións», remarca o sindicato.

      Por outra parte, CCOO considera «anómalo» que a esta traballadora se lle negue un dereito que, pola contra, si lle recoñeceu a outras compañeiras en casos similares, «o que abunda na discriminación que denunciamos».

      Desde CCOO apelan ao Concello de Lugo para que «reconsidere» a situación e non obrigue a afectada a acudir á vía xudicial para que lle recoñeza os seus dereitos, «circunstancia especialmente triste se o causante é un goberno que presume do seu compromiso social».

      Por último, lembran que o Concello de Lugo, malia estar obrigado, actualmente non ten asinado coa representación legal das traballadoras e dos traballadores un plan de igualdade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.