FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO solicitará o rescate de VITRASA ao Concello de Vigo

    • CCOO reunirase con alcaldía de Vigo ante a situación de recorte salarial salvaxe esixido pola dirección.
    • CCOO non vai a permitir que se desconte un só céntimo do salario da plantilla

    Grupo Avanza, integrada na multinacional mexicana Mobility ADO, responsable da concesión de explotación privada de Vitrasa, informou da sua intención de rebaixar nun 30 % o salario da totalidad da plantilla. Esto acompañase de outras medidas deempobrecemento das condicións laboráis: incremento de xornada laboral, cambio dos horarios, impago ilegal de pluses, conxelación salarial…

    25/03/2022.
    Autobús Vitrasa

    Autobús Vitrasa

     A sección sindical de CCOO Vitrasa, sindicato maioritario no comité de empresa, cifra o coste para os traballadores nun 41,5% para 2022 e nun 34% para 2023, e quere lembrar que trala segunda reunión de negociación, na que se anunciaron estas medidas, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, declarou que non permitiría que se rebaixase un céntimo aos traballadores e traballadoras de Vitrasa.

    CCOO estima que esta dirección ven de ingresar nos últimos anos o redor 13 millons de euros anuais en subvencións directas do concello de Vigo, e adicionalmente 5 millóns de euros na etapa de pandemia, provinte da unión europea e canalizados a través do concello.

    CCOO advirte que a mala xestión desta multinacional mexicana (Grupo Avanza -Mobility Ado) está a poñer en risco as condición de vida de 368 familias que dependen directamente desta concesión dun servizo público, ao tempo que pon en risco o servicio de transporte público da cidade. Na terceira reunión do xoves 24 de marzo, tras varias horas de negociación, a dirección ofertou pasar do 30% de reducción ao 25%, e manter o deterioro das demais condicións expostas. Ante a incapacidade de Mobility Ado de xestionar Vitrasa, C

    COO invita a voltar a México a esta dirección e que sexa o concello o que asuma a xestión dun servicio público esencial.