FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia o abandono total no Corpo de Bombeiros no Concello de Ferrol

      Nestes case tres anos se lle estiveron a presentar propostas para a mellora do Servizo, en diferentes reunións. O Concelleiro Germán Costoya, responsable do negociado de Seguridade e Tráfico limitouse a tomar nota na sua libreta, dicindo que estaba de acordo pero máis nada.Nunca houbo resposta nin solucións ás diferentes problemáticas presentadas.

      31/03/2022.
      CCOO denuncia o abandono do corpo de bombeiros de Ferrol

      CCOO denuncia o abandono do corpo de bombeiros de Ferrol

      A última reunión foi o pasado 2 de febreiro na que uns representantes do colectivo lle presentan queixas en relación coa falla de organización e abandono do Corpo de Bombeiros. Nesta ocasión o Concelleiro colleu o compromiso de citar de novo aos representantes a primeira semana de marzo.Un mes despois seguimos sen novas e non temos avisos de que vaia habela con solucións reais.Este estilo de xestión é o mesmo que está a soportar o corpo da Policía Local desta cidade.Vista a situación actual, con problemas constantes e deixadez absoluta nestes dous corpos básicos na cidade, CCOO e UXT piden o cese do Concelleiro e substitución por outra persoa con máis predisposición e capacidade de xestión. Unha persoa que teña coñecementos, habilidade para solucionar os problemas e capacidade para resolvelos, prestando atención ás recomendacións.