FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Folga na CRTVG contra a destrución de emprego

      Os traballadores e traballadoras da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) irán á folga o mércores, 20 de abril, contra a destrución de emprego no ente público. O persoal aprobou en asembleas mobilizarse para esixir a consolidación de todo o emprego temporal de longa duración e evitar por volta de 40 despedimentos.

      18/04/2022.
      Folga na Corporación Radio e Televisión de Galicia

      Folga na Corporación Radio e Televisión de Galicia

      Con estas protestas, os traballadores e traballadoras da Televisión de Galicia e da Radio Galega queren que a empresa reabra a negociación —que pechou sorpresiva e unilateralmente— sobre as prazas afectadas polo proceso de estabilización de emprego que prevé a Lei 20/2021, de 28 de decembro, de redución da temporalidade no emprego público.

      Considera o comité intercentros que a dirección de recursos humanos quere ratear prazas ou postos ocupados durante anos e anos por persoal temporal que poderían estabilizarse e consolidarse nos procesos extraordinarios que se deben desenvolver ao abeiro desta Lei, que ten por obxectivo rebaixar do 8% a contratación temporal.

      A representación legal do persoal calcula que, de non incrementarse o número de prazas convocadas, perderán o emprego de xeito directo unhas 40 persoas que levan prestando servizos para a CRTVG de forma temporal e precaria — nalgúns casos, máis de 16 anos.

      O cómputo de prazas elaborado unilateralmente pola empresa racha de pleno o compromiso do departamento de recursos humanos de que «non vai quedar ninguén atrás». Deste xeito, a mobilización é a única vía posible, sinala o comité.