FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    VITRASA: mobilizacións, folga e consecuencias para a ciudadanía de Vigo

    • A asemblea decidirá o seu apoio as mobilizacións anunciadas o 7 de maio
    • CCOO segue a espera dunha reunión co Alcalde de Vigo

    Tras o fracaso da mediación no Consello Galego de Relaciones Laborais, CCOO anúncia mobilizacións polo enquistamento dun conflito no que perde a cidade de Vigo. CCOO, sindicato maioritario en Vitrasa, segue a espera dunha reunión con Abel Caballero, alcalde de Vigo, para expoñer tódalas irregularidades deste proceso

    03/05/2022.
    Autobús Vitrasa

    Autobús Vitrasa

    Este Sabado 7, terá lugar unha asemblea de traballadores e traballadoras onde se espera o apoio maioritario do persoal para a afrontar as distintas mobilizacións e a folga apoiada de xeito unánime por tódolos grupos do comité de empresa.

    A dirección actual da concesionaria, Mobility Ado, ven de recoñecer ante o Consello Galego de Relaciones Laborais mais de 3 millóns de euros en inversións a outras empresas do grupo durante os anos 2020 e 2021.

    CCOO lembra que é responsabilidade da dirección da empresa concesionaria facer un bo uso dos recursos, polo tanto, podemos estar ante unha incapacidade de xestión importante dun servizo público, que se mantén con recursos públicos (terreos, instalacións, subvencións..)e co diñeiro dos cidadáns co uso do servizo.

    Para CCOO a dirección quere responsabilizar aos traballadores e traballadoras de VITRASA dunha deficiente xestión dos recursos é a cidadanía de Vigo sufrirán os danos colaterais, xa que verán o servizo empeorado nos vindeiros meses, froito dun conflito que non se termina de arranxar por falta da vontade da dirección de Vitrasa.

    Dende CCOO, tal é como manifestou o alcalde de Vigo, non vamos a permitir que o persoal de Vitrasa sexa o que pague unha mala xestión da empresa.