FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Desconvocada a folga nos buses urbanos de Ourense

    • O acordo explicouse na Asemblea de traballadores e traballadoras e asinase baixo o amparo legal e mediación do AGA (Organismo de Mediación Laboral da Xunta de Galicia)
    • A asemblea aprobou por unanimidade o acordo e a desconvocatoria da folga
    • Desde CCOO, sindicato maioritario na empresa Urbanos de Ourense do grupo Avanza, valoramos positivamente o acordo e lamentamos que tivese que transcorrer 30 meses de negociación e 9 días de folga para alcanzalo

    O  Comité de Empresa/folga e os representantes da empresa en Urbanos de Ourense asinan un acordo para desbloquear os efectos económicos e de cambio de cómputo de xornada e fixan datas para o 19 e 26 de maio para rematar co resto de Artigos do Convenio.

    12/05/2022.
    folga buses urbanos ourense

    folga buses urbanos ourense

    O acordo explicouse na Asemblea de traballadores e traballadoras  e asinase baixo o amparo legal e mediación do AGA, e pasa por:

    Un plus para compensar o cambio de cómputo de xornada fixa a tempo efectivo de traballo de 116€ x 12 mensualidades.

    Un 0'8% para o 2020

    1% para 2021.

    3%para 2022 en conceptos salariais e un 2% (+500€) na bolsa de vacacións.

    Para o 2023  ipc real do 2022.

    Un Plús de dispoñibilidade de 35€. para as gardas de taller e 1 hora a cobrar mínimo por saída.

    Actualización das horas extras a prezo legal de salario basee máis antigüidade.

    Limitación do cómputo de xornada ao ámbito semanal garantindo 40h oras e sen poder compensar excesos nin déficits de xornada entre diferentes semanas.

    Para o resto de articulados que teñen que ser modificados emprazámonos para o 19 e 26 de maio.

    O acordo foi asinado baixo o paraugas legal do  AGA ( Organismo de  Mediación Laboral da Xunta de Galicia) polo que ten carácter legal de Convenio.

    A Asemblea de traballadores desta noite decidiu por unanimidade referendar devandito acordo e a suspensión da folga 

    Desde CCOO, sindicato maioritario na empresa Urbanos de Ourense do grupo Avanza, valoramos positivamente o acordo e lamentamos que tivese que transcorrer 30 meses de negociación e 9 días de folga para alcanzalo.

    Valoramos tamén a unidade sindical de todas as Organizacións Sindicais que conforman o  Comitè ( CCOO, UXT e CIG) e a decisión e responsabilidade de todo o persoal na defensa dos seus intereses.