FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    CCOO recolle sinaturas en Lugo para «Salvar o servizo postal público»

      Hoxe delegados e delegadas de Correos de CCOO, dentro dá movilización en defensa do Correo Público, tivemos unha Concentración e recollida de firmas diante de Facenda na Rúa da Raiña dende as 12:00h dá maña ata as 18:00h dá tarde.

      18/05/2022.

      URL | Código para insertar

      Baixo o lema «Salvemos o servizo postal público», a mobilizacións sindicais insta ao Goberno de España a paralizar o «desmantelamento» de Correos e a abrir un verdadeiro proceso de diálogo sobre o modelo postal público.

      Os delegados e delegadas da Federación de Servizos a Cidadanía de CCOO de Galicia, concentráronse en distintos puntos para concienciar á cidadanía da importancia de manter un servizo público postal, xa que é a única formula para que o servizo chegue a todos os lugares e non só a onde é rendible. Informan sobre as graves consecuencias que terá para ela o abandono do servizo público postal polas decisións do presidente de Correos, co «aval inexplicable» do Goberno que o designou a dedo.

      Para CCOO e UGT, o recorte de máis de 7000 postos de traballo en tres anos, o obxectivo de recortar outros 8000 máis (15 000 en total) e chegar a case 20 000 postos precarios a tempo parcial (un 40 % do total do persoal) antes de 2025, poñen en cuestión a prestación de calidade que ten encomendada Correos.

      👉 CCOO continuará coas mobilizacións durante o mes de maio, previas á folga convocada para os días 1, 2 e 3 de xuño.