FSC-CCOO Galicia | 21 Novembro 2024.

iV CONCURSO DE DEBUXO FSC GALICIA 2024
  • Menú Documentos

    Milleiros de persoas apoian en Vigo as reivindicacións do persoal de Vitrasa

      O xoves, 19 de maio, tivo lugar a primeira manifestación contra a desvalorizacion salarial que quere impoñer a dirección de Vitrasa (Grupo Avanza). CCOO, sindicato maioritario no comité, calcula que máis de 3000 persoas expresaron o seu apoio aos traballadores e traballadoras da concesionaria do transporte urbano da cidade.

      20/05/2022.

      URL | Código para insertar

      Manifestación do persoal de Vitrasa (19/5/2022)

      Manifestación do persoal de Vitrasa (19/5/2022)

      A pretensión de Vitrasa é recortar os salarios un 30 %, tras varios anos en que os soldos estiveron conxelados. A cidadanía arroupou o persoal nas súas reivindicacións ante unha empresa que ten a concesión do servizo ata o 2025.

      Esta manifestación chega poucos días despois dunha concentración diante do Concello e é o anticipo dunha «folga sen precedentes» no transporte urbano da cidade. En canto a empresa materialice as súas pretensións, Vitrasa entrará en folga e a situación de conflitividade será absoluta», advirte CCOO.

      O sindicato insta a empresa a «volver á mesa de negociación» co convenio e abandonar a vía da imposición. «Parece que queren recuperar as vellas mañas da reforma laboral do PP», critica o sindicato.

      Desde CCOO coidan que o apoio amosado tanto pola cidadanía como polo goberno local de Vigo será «fundamental» para defender as condicións de traballo na empresa fronte ás «prácticas abusivas e caciquís». Comisións agarda, tamén, que a Comisión Tripartita Galega para a Inaplicación de Convenios Colectivos —presidida polo Consello Galego de Relacións Laborais— se pronuncie.