FSC-CCOO Galicia | 2 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Una ano máis, todo á extinción no canto de facer prevención fóra da época estival

      É urxente e necesario un cambio de modelo. Chega a primavera e, con ela, os temidos incendios forestais. 

      23/05/2022.
      burros bombeiros (para cubrir as numerosas vacantes

      burros bombeiros (para cubrir as numerosas vacantes

      Proba disto son as hectáreas ardidas nestas últimas datas: 180 en Palas de Rei, 35 en Begonte, miles de vivendas sen luz polo lume producido na subestación eléctrica de San Clodio en Ribas de Sil ou o lume nun eucaliptal de Viveiro que chegou ata o mar, na provincia de Lugo; 69 hectárea ardidas en Padrenda (Ourense), 64 en Camariñas e os lumes  no Condado e A Paradanta. Namentres, Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte continúan co vello erro de apostar todo á extinción no canto de facer prevención fóra da época estival. 

      O persoal con contrato descontinuo por seis meses comezou este ano o día 18 de maio 

      Proba de que só se planifica a extinción é que este ano o persoal con contrato descontinuo de seis meses comezou a súa actividade case un mes máis tarde do que o viña facendo nestes últimos anos. 

      En breve, un ano máis, aparecerá nos distintos medios de comunicación o conselleiro de Medio Rural anunciando a boca chea que este ano Galicia contará con máis de 7000 efectivos (brigadas municipais incluídas) para a loita contra o lume, que se incrementará a vixilancia con novas cámaras, que contaremos con drons equipados con cámaras térmicas ou ata con novas brigadas de «burros bombeiro» (para cubrir as numerosas vacantes dentro do Servizo de Prevención de Incendios Forestais – SPIF). 

      É urxente e necesario un cambio de modelo 

      Un cambio baseado nuns cadros de persoal estables traballando 12 meses. Un modelo no que se faga prevención durante todo o ano, que atenda as emerxencias no rural e, como non, tamén a extinción. 

      En definitiva, emprego estable e de calidade. Unha boa nova é que ante a petición de CCOO, a Dirección Xeral de Función Pública acepta a inclusión das prazas do persoal de seis meses contratados no ano 2019 dentro da Lei 20/21 de redución da temporalidade, a través dos correspondentes procesos selectivos que se convocarán por concurso e concurso oposición e que, xunto coas 269 prazas que esta organización conseguiu incluír na OPE do ano 2018, darán un pulo importante a este servizo para acadar unha das nosas reivindicacións históricas: a redución da temporalidade coa estabilización do persoal propio do Servizo.

      Ligazóns: