FSC-CCOO Galicia | 27 Maio 2025.

AGORA SI TOCA
  • Menú Documentos

    Asinouse o primeiro plan de igualdade da empresa Breogán Transporte SAU

      CCOO asinou este plan co convencemento de que significará unha mellora dascondicións de traballo de todo o persoal, que é, en definitiva, para o quetraballamos todos os días.

      12/12/2022.
      Plan de igualdade en Transportes Breogan

      Plan de igualdade en Transportes Breogan

      Breogán Transporte SAU forma parte do grupo Dachser, que se dedica ao negocio de cargas completas nacional e internacional FTL e LTL, especializados en carga aérea e servizos exprés NON STOP.

      A negociación deste plan de igualdade supón a oportunidade para detectar as desigualdades que sofren as mulleres e introducir medidas encamiñadas a alcanzar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes e a eliminar a discriminación por razón de sexo.

      Queda por diante o traballo da súa posta en marcha así como o seguimento eavaliación dos compromisos adquiridos na súa negociación e asinamento.