FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Comezan as mobilizacións nas torres de control de Vigo e A Coruña tras a intransixencia de Saerco

    • SAERCO fixo unha interpretación abusiva dos servizos mínimos e entregou carta ao 100 % das persoas que estarán de quenda, incluída a imaxinaria (reforzo).
    • As convocatorias de folga continuarán todos os luns do mes de febreiro, tras última oferta que fixo chegar SAERCO, concesionaria, entre outras, das torres de control dos aeroportos de A Coruña e Vigo, ao pretender cargar sobre as traballadoras e traballadores do sector a súa política de “low costizatición”.
    • O xoves reuníronse a Representación Legal das e os Traballadores (RLT) dos provedores de servizos nas torres de control liberalizadas coa patronal, conformada por FerroNats e SAERCO, pero o encontro resultou infrutuoso.

    A Representación dos Traballadores quixo esgotar todas as posibilidades confiando en que se producise un cambio na postura inmobilista de SAERCO, unha das dúas empresas que conforman a citada patronal, tras acabar sen acordo a mediación celebrada na Fundación SIMA o pasado día 19, o que provoca a convocatoria de folga que comeza hoxe, 30 de xaneiro, nun dos sectores estratéxicos de España.na que non está a haber incidencias, só canceláronse dous voos en Vigo, un Barcelona ida e volta de Vueling

    30/01/2023.
    As torres de control de Vigo e A Coruña en folga

    As torres de control de Vigo e A Coruña en folga

    Tras a infrutuosa reunión no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe do pasado día 19, tanto a parte social como FERRONATS, empresa que xunto á primeira forman a patronal de Provedores Civís de Tránsito Aéreo do Mercado Liberalizado, propuxeron unha reunión previa á folga coa Secretaría de Estado de Transportes en busca dunha posible intermediación, á que SAERCO opúxose.

    Despois da reunión do SIMA, as de negociación do convenio, e a negativa para acudir a outras instancias institucionais dunha parte da patronal, CCOO xunto a USCA manteñen a convocatoria de folga para os días 30 de xaneiro e 6, 13, 20 e 27 de febreiro que afectará ademais da estas dúas infraestruturas galegas, a catorce aeroportos máis en todo o Estado.

    Na xornada de hoxe a empresa concesionaria, SAERCO, fixo unha interpretación abusiva dos servizos mínimos e entregou carta ao 100 % das persoas que estarán de quenda, incluída a imaxinaria (reforzo). Non está a haber incidencias , só canceláronse dous voos en Vigo, un Barcelona ida e volta de Vueling ,o persoal afectado en Galicia é de 17, 9 na Coruña e 8 en Vigo

    CCOO incide tamén en que o xestor aeroportuario AENA debe tomar cartas nun asunto que é da súa plena incumbencia ao ser a empresa pública a licitadora dos concursos desas torres de control. 

    Unha vez máis se demostra que o privatizado non mellora o público, e debería tomarse en consideración a reversión dese servizo público que afecta á primeira industria do país.