FSC-CCOO Galicia | 2 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO condea o asasinato en Baiona dunha nova vítima machista e exise reforzar as políticas contra a violencia de xénero

      Desde o ámbito do Sector do Estado de CCOO Galicia da FSC-G, amosamos o máis enérxico rexeitamento e condea do último crime machista acontecido na localidade de Baiona (Pontevedra), dunha compañeira que prestaba servizos na Administración Xeral do Estado na Comunidade de Galicia. Expresamos o noso máis absoluto rexeito e repulsa ante esta terrible lacra social, e esiximos un compromiso real das administracións para combater a desinformación e negacionismo desta violencia contra as mulleres.

      07/02/2023.
      Asasinato machista en Baiona

      Asasinato machista en Baiona

      Desde CCOO seguiremos loitando pola prevención, sensibilización e erradicación da violencia de xénero, apostando polo apoio as vítimas e o seus familiares para contribuír a consecución dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria.

      Nos queremos libres, nin unha menos, ningunha sociedade libre pode permitir nin tolerar ás agresións as mulleres. Debemos aunar esforzos desde as institucións, administracións e o conxunto da sociedade para poder chegar a tempo e evitar máis asasinatos, en unha loita permanente contra esta lacra social. Desde CCOO achegar as nosas condolencias a familia, o noso apoio e cariño.

      Beatriz L.G. D.E.P.