FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO está en contra de que Ferrolterra quede relegada dos últimos proxectos ferroviarios

      O Sector Ferroviario de CCOO de Galicia está en contra de que a comarca de Ferrol quede relegada tanto no Corredor Atlántico de Mercadorías como no Informe da Xunta sobre a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios.

      20/02/2023.
      CCOO está en contra de que Ferrolterra quede relegada dos últimos proxectos ferroviarios

      CCOO está en contra de que Ferrolterra quede relegada dos últimos proxectos ferroviarios

      Nas últimas semanas producíronse dúas noticias en materia ferroviaria onde Ferrolterra queda relegada e que CCOO está totalmente en contra.

      Por unha banda, a comarca queda excluída do Corredor Atlántico ferroviario para Mercadorías, dentro do acordo alcanzado polas Comunidades Autónomas de Galicia, Asturias e Cantabria que trasladaron ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Urbana para á súa vez trasladalo á Comisión Europea. As liña que están finalmente incluídas son A Coruña – Vigo – Ourense – Monforte de Lemos – León, polo que queda excluída a liña A Coruña – Lugo – Monforte de Lemos e o seu ramal Betanzos Infesta – Ferrol. Esta decisión conleva que tamén queda fóra deste corredor a Autoridade Portuaria de Ferrol.

      Non sabemos en que datos se basearon para tomar esta decisión, pero é moi negativa para o desenvolvemento económico desta comarca.

      Doutra banda, no Informe da Xunta sobre a recuperación e mellora dos servizos ferroviarios, realizado pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, presentado hai unha semana no Consello do Executivo galego, exponse a necesidade de incrementar os servizos ferroviarios existentes en Galicia para facelos competitivos e servir de alternativa a outros medios de transporte. Por iso van expor ao Goberno central a posibilidade de aproveitar corredores ferroviarios máis antigos próximos ás grandes cidades para servizos de proximidade. A Xunta non se refire a servizos de proximidade como tales, senón de proximidade en horas punta e en concreto propón que se aplicase entre Vigo e Pontevedra por unha banda e entre A Coruña e Betanzos por outro, quedando o traxecto ata Ferrol excluído inicialmente, o que non é lóxico, dada a escasa conectividade que existe entre a cidade naval e A Coruña.

      É por iso, que CCOO desexa facer público o seu desacordo con estas decisións por ser ambas as negativas para o desenvolvemento económico e social desta comarca, que leva décadas esquecida de proxectos e investimentos ferroviarias de calado e insta os organismos competentes, Xunta de Galicia e Ministerio de Transportes a que a comarca de Ferrol estea incluída no Corredor Atlántico de Mercadorías e nos servizos de viaxeiros de proximidade.