FSC-CCOO Galicia | 9 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Nova xornada de folga das traballadoras e traballadores da CRTVG

      As traballadoras e traballadores da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) volveron á folga, a segunda en menos dun mes. Reclaman poder informar con liberdade, de maneira que se cumpra coa obriga do servizo público, e rexeitan a represión contra o persoal crítico.

      24/03/2023.
      Membros da sección sindical de CCOO na CRTVG

      Membros da sección sindical de CCOO na CRTVG

      Malia os servizos mínimos fixados, os paros de hoxe provocaron notables alteracións na programación habitual. Asemade, o persoal protagonizou unha concentración na praza do Toural, en Santiago de Compostela.

      Defensa do servizo público

      CCOO e outras organizacións sindicais e sociais denuncian a «deterioración progresiva» da CRTVG e o «abandono das misións que ten encomendadas». O sindicato reclama unha radiotelevisión pública que difunda contidos destinados a garantir a cultura e a lingua galegas, a independencia e a veracidade da información, o pluralismo, a cohesión social e territorial, a promoción dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas, como a igualdade e a non discriminación, e a calidade da propia democracia.

      Mañá sábado, día 25, continuarán os paros das traballadoras e traballadores da Corporación pública de medios de comunicación.