FSC-CCOO Galicia | 6 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO esíxelle ao Ministerio de Xustiza unha oferta satisfactoria para a inmediata negociación das propostas do persoal funcionario, en folga desde o 17 de abril

      É inaceptable para o sindicato que continúe hoxe a negociación coas asociacións da xudicatura e a fiscalía mentres se trata con desprezo o resto do persoal, con cuxos representantes sindicais se nega a negociar a ministra Pilar Llop.

      16/05/2023.
      Pazo de Xustiza a Coruña

      Pazo de Xustiza a Coruña

      O anuncio da folga, de dubidosa legalidade, convocada polas asociacións profesionais de xuíces e fiscais bastou para que a ministra Llop as convocarasen o dubidar e para que, xunto co Ministerio de Facenda, lles ofreceran unha suba retributiva nada desprezable e a súa dispoñibilidade para negociala. Non actuou igual a ministra de Xustiza co resto do persoal dos xulgados, tribunais, fiscalías e demais servizos desta Administración, aos que se nega alles mellorar as condicións de traballo malia o extraordinario e novo atraso que se está producindo coa folga que está en marcha e o prexuízo innegable que esta demora está a causar á cidadanía, á que tamén mostra así a ministra o seu desprezo.

      CCOO denuncia que é impropio dunha ministra que forma parte dun Goberno progresista este alarde de clasismo, esta clara discriminación cara ao persoal que cobra salarios netos inferiores, en moitos casos, aos 1500 euros netos. Xa se acordou cos LAX unha substancial mellora das súas condicións laborais e retributivas, e así se está intentando con xuíces e fiscais. Para o resto non hai, sequera, intención de negociación dunhas reivindicacións absolutamente lexítimas, xustas e mesuradas.

      Ninguén pode entender que suban as retribucións só dos grupos de superior titulación, mentres se manteñen e se deterioran as condicións laborais do resto de persoal, igual de necesario para a atención do servizo público da Administración de Xustiza.

      CCOO esixe que hoxe mesmo (antes, durante ou despois da reunión coas asociacións de xuíces e fiscais), se convoque o Comité de Folga do persoal funcionario cunha oferta sobre a mesa con cuxa negociación se poida darsolución a este conflito laboral que en nada beneficia nin ao Goberno, nin aoservizo público, nin á cidadanía que espera dos seus gobernantes, tamén da ministra Llop, que solucione os problemas no canto de xeralos e agravalos.

      CONVOCATORIA:

      A folga do persoal funcionario de Xustiza segue convocada para hoxe martes, mañá mércores e o xoves desta semana.

      Se o Ministerio de Xustiza non rectifica, intensificarase coa convocatoria de folga indefinida a partir do próximo luns, día 22 de maio. Esta folga está acompañada de actos de mobilización,como as concentracións dos traballadores e as traballadoras de Madrid, este mércores diante do Ministerio de Xustiza e este xoves diante do Congreso dos Deputados, ambas ás 12:00 horas, mentres por toda Galicia están a sucederse tamén concentracións de protesta diante das delegacións e subdelegacións do Goberno.