FSC-CCOO Galicia | 30 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Manifestación o 15 de xuño en Santiago para esixir un convenio de ambulancias xusto

      Os sindicatos CCOO, UGT, CIG e USO convocan unha manifestación en Santiago de Compostela o próximo 15 de xuño para esixir un convenio xusto no sector das ambulancias. A marcha partirá ás 11:30 horas da praza Roxa.

      13/06/2023.
      Manifestación o xoves, día 15, en Santiago de Compostela

      Manifestación o xoves, día 15, en Santiago de Compostela

      A decisión de mobilizarse adoptouse tras rematar sen acordo a sétima reunión para negociar o convenio colectivo autonómico.

      Inicialmente, a patronal falara dunha negociación «rápida» pola urxencia dos novos concursos públicos, co obxectivo de ter «clarificado» antes o terreo laboral.

      Por esa razón, a parte sindical unificou as súas plataformas reivindicativas nunha soa, «para facilitar esa negociación». Porén, malia a sucesión de reunións, «seguimos sen poder aclarar nada e sen saber moi ben que lles explicar aos traballadores e traballadoras do sector» pola falta de concreción da parte empresarial.

      Os sindicatos lembran que xa demostraron abonda capacidade de negociación no sector das ambulancias «para resolver multitude de problemas», pero tamén a «forza mobilizadora cando é preciso».

      Por esta razón, coidan que «chegou o momento de saírmos á rúa» para esixir un convenio digno e unha suba salarial conforme co encarecemento do custo da vida.