FSC-CCOO Galicia | 3 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    CCOO recoñece o labor do sector pesqueiro e a solidariedade que permitiu salvar a tripulación do Nuevo San Juan

      O sector do Mar de CCOO fai un «recoñecemento público» ao traballo do sector pesqueiro e á solidariedade «entre buques que compiten polas capturas», que foi determinante para salvar a tripulación do Nuevo San Juan, con base en Burela (A Mariña). No palangreiro declarouse un incendio o domingo, 1 de xullo, cando se atopaba en augas do Gran Sol (zona situada entre o Cantábrico e a costa occidental das Illas Británicas), pero a tripulación xa se atopa a salvo en Irlanda grazas á intervención do barco vigués Nuevo Confurco.

      04/07/2023.
      Situación das augas do Gran Sol, que abranguen da costa cantábrica ao oeste das Illas Británicas

      Situación das augas do Gran Sol, que abranguen da costa cantábrica ao oeste das Illas Británicas

      Malia que ata o momento se descoñecen as causas, CCOO coida que «é o momento de deixar traballar os técnicos da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM)» e doutras institucións análogas que colaboren no procedemento.

      Así mesmo, o sindicato congratúlase de que funcionaran os protocolos de seguridade, unha cuestión en que CCOO leva moitos anos incidindo e que tamén é unha preocupación para a Organización Marítima Internacional. «Que o incidente se resolvera sen danos persoais é a premisa principal en toda emerxencia marítima», subliña o sector do Mar do sindicato.

      CCOO solicítalles ás distintas Administracións con responsabilidades que «atendan axeitadamente a tripulación e as súas familias», especialmente para garantir o regreso á casa dunha maneira ordenada e rápida, ademais do asesoramento xurídico e a atención psicolóxica que precisen, entre outros aspectos.