FSC-CCOO Galicia | 2 mayo 2024.

1 Maio 2024:. POLO PLENO EMPREGO
  • Menú Documentos

    Os bombeiros dos parques comarcais manifestaranse o 13 de xullo en Santiago

      Os bombeiros dos parques comarcais en folga indefinida manifestaranse en Santiago de Compostela o xoves, 13 de xullo, para reclamaren unhas condicións laborais xustas e un convenio digno. A marcha partirá ás 11:00 do Parlamento de Galicia, na rúa do Hórreo, e rematará fronte á Dirección Xeral de Emerxencias, nas Fontiñas.

      11/07/2023.
      Manifestación de bombeiros en Santiago | Foto: Arquivo CCOO

      Manifestación de bombeiros en Santiago | Foto: Arquivo CCOO

      O colectivo iniciou o pasado 15 de xuño unha folga indefinida que deixou varios parques pechados durante días. Os bombeiros esixen o cumprimento dunha sentenza do Tribunal Supremo, emitida o 2022, para converter en persoal laboral fixo os efectivos. Ao tempo, reclaman un convenio galego coas mesmas condicións para os traballadores dos parques e maior dotación de persoal.

      Á manifestación en Santiago están chamados uns 500 bombeiros comarcais que prestan servizo en 25 parques das catro provincias galegas que funcionan a través de consorcios participados ao 50 % pola Xunta de Galicia e as deputacións.