FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    O persoal da CRTVG concentrouse este xoves diante da sede da Xunta

      O comité intercentros da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convocou este xoves, ás 11:30 horas, unha concentración contra a manipulación informativa nos medios de comunicación públicos. A protesta tivo lugar diante da sede da Xunta de Galicia, no complexo administrativo de San Caetano (Santiago de Compostela).

      25/01/2024.
      Protesta do comité intercentros esixindo unha CRTVG ao servizo do pobo (25/1/2024)

      Protesta do comité intercentros esixindo unha CRTVG ao servizo do pobo (25/1/2024)

      A protesta coincidiu cun dos últimos consellos da Xunta da lexislatura que agora remata. Xa o pasado mes de novembro, o comité pedía a «intervención urxente» do Goberno galego e do Parlamento para que poñan fin a unhas «prácticas incompatibles coa prestación do servizo público».

      Lonxe de tomar medidas, continuou o que as traballadora e traballadores da CRTVG cualifican de «gravísimo delirio partidista» a favor das teses do Partido Popular, situación que empeorou tras a convocatoria das eleccións.

      Xa na manifestación do pasado domingo en defensa do sector do mar participou unha representación do persoal da radio e da televisión autonómicas que amosaron pancartas de rexeitamento á manipulación informativa.