FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO convoca folga no Grupo Renfe e Adif

      O 30 de xaneiro, ás 12:00 horas, concentrarémonos fronte ao Congreso dosDeputados e realizaremos unha xornada de folga de 23 horas o 9 de febreiropara reivindicar o desbloqueo dos acordos que afectan a cada unha dasempresas.

      26/01/2024.
      Folga en RENFE e ADIF

      Folga en RENFE e ADIF

      O vindeiro martes, 30 de xaneiro, está convocada por CCOO unha concentración fronte aoCongreso dos Deputados ás 12:00 horas, á que lle seguirá unha xornada completa de folgao venres, 9 de febreiro, para reivindicar o desbloqueo de acordos que afectan ao GrupoRenfe e a Adif.Mobilizámonos pola indefensión en que nos encontramos ante o secuestro administrativodos acordos alcanzados pola libre vontade das partes a través da negociación colectiva nasempresas públicas ferroviarias.Os motivos que dan lugar á mobilización son, por unha parte, a eliminación das categoríasde ingreso, no caso de Renfe. Dáse a situación de que transcorreron xa seis meses desde oacordo da comisión negociadora do III Convenio Colectivo sen recibir autorización por partede Función pública/Facenda para poder aplicar o acordo ás traballadoras e traballadoresafectados. Por outra parte, a posta en marcha da xornada de 35 horas en Adif e Adif AV,acordo este alcanzado entre a empresa e a representación legal das persoas traballadorasque foi anulado polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.Desde o sector Ferroviario de FSC-CCOO denunciamos a situación de vulnerabilidade aque nos enfrontamos as organizacións sindicais e, por tanto, as persoas traballadoras, áhora de negociar e acadar acordos que melloren as nosas condicións laborais, que ou separalizan ou se revogan en estamentos gobernamentais externos ás propias empresas,baleirando de contido o dereito á negociación colectiva.Por todo isto, para esixir a aprobación do acordo de posta en marcha da xornada de 35horas en Adif e Adif AV e a eliminación das categorías de ingreso do Grupo Renfe, desdeCCOO iniciamos unha serie de mobilizacións, cuxo disparo de saída será o 30 de xaneiro,ás 12:00 horas, fronte ao Congreso dos Deputados.