FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO denuncia os servizos mínimos «abusivos» na folga do sector Ferroviario

      Este venres, o sector Ferroviario de CCOO convocou unha folga en Renfe e no Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif). O sindicato esixe a eliminación das categorías de ingreso en Renfe e aplicar a xornada de 35 horas no Adif.

      09/02/2024.
      Na fotografía, unha protesta do sector Ferroviario de CCOO

      Na fotografía, unha protesta do sector Ferroviario de CCOO

      Para esta xornada de folga, convocada en solitario por CCOO, o Ministerio de Transportes impuxo uns servizos mínimos «abusivos» do 75 % en horas punta e do 50 % no resto, «dificultando enormemente o obxectivo do paro», lamenta o sindicato.

      Malia esta dificultade, o seguimento está a superar o 80 % entre o persoal non incluído nos servizos mínimos, o que se traduciu na suspensión de 13 servizos de media distancia e de catro de longa distancia —dúas conexións a Madrid e outras dúas da conexión Vigo-Portugal.

      As mobilizacións no sector Ferroviario continuarán en próximas datas, neste caso con paros convocados polo conxunto do comité xeral do Adif. Serán paros parciais os días 12, 19 e 26 de febreiro —de 10 a 12 horas— e os días 13, 20 e 27 deste mes —da 1 ás 3 da mañá.