FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Multitudinaria manifestación en Vigo en defensa dun transporte público de calidade.

      Miles de persoas acudiron ao chamamento das organización sindicais que contou, entre outros, co apoio da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo e a participación de distintas forzas políticas

      28/02/2024.

      URL | Código para insertar

      Este sábado percorreu as rúas de Vigo unha multitudinaria manifestación en defensada calidade do transporte público urbano e un convenio xusto para as persoas traballadoras de Vitrasa, que sirva para pór fin a folga indefinida iniciada o pasado mesde novembro.

      O autobús urbano é un servizo público de titularidade municipal que ten un carácteresencial para a cidadanía viguesa. Vitrasa é a empresa privada que o xestiona desdehai 50 anos, cunhas contas totalmente saneadas e beneficios millonarios ata o ano 2020. O servizo volveuse precario nos últimos anos coa desaparición de distintas liñas, a redución de máis de 250 expedicións ao día ou o aumento dos tempos de espera nas paradas debido á diminución de frecuencias. Un peor servizo que se fai notar sobre todo nos barrios e parroquias, pola imposición dos chamados “horarios flexibles” e tamén polo mantemento dun mapa de liñas obsoleto. Isto contrasta co aumento do prezo do billete, que se incrementou nos últimos anos un 16 %, o que fai que sexa o máis caro de toda Galicia.

      Ao mesmo tempo, temos un conflito que xa dura máis de tres anos e que desembocou nunha folga indefinida de máis de 90 días; non hai precedentes desta envergadura na historia do transporte urbano de Vigo, polo que se lle reclama a Vitrasa que alcance un acordo co comité de empresa para actualizar o convenio caducado en 2020. Toca acordar, entre outras cuestións, a suba salarial, garantir os descansos legais durante a xornada, erradicar o abuso da contratación temporal ou das horas extras, ou resolver cuestión básicas como o acceso a aseos nas cabeceiras de cada liña.

      Estas reivindicacións, xunto coa responsabilidade que ten o Concello neste tema, incluíanse no manifesto que leron as secretarias xerais de CCOO e USO e os secretarios xerais de CIG e UGT ao rematar esta multitudinaria manifestación, que non detivo o mal tempo e que comezou na praza de España para rematar ao final de Colón.

      Continúa o calendario de manifestacións diarias do persoal de Vitrasa e este martes 27 ten lugar a sexta reunión de mediación para desbloquear a folga.

      Ligazóns:

      • https://www.ccoo.gal/noticia:685857--Este_sabado_24_de_febreiro_manifestacion_en_Vigo_en_defensa_do_transporte_publico_e_por_un_convenio_digno_para_o_persoal_de_Vitrasa&opc_id=5417ea7953f47225d9da408425aae2cc
      • https://www.ccoo.gal/noticia:683597--O_Consello_Nacional_de_CCOO_de_Galicia_aproba_unha_resolucion_de_apoio_ao_persoal_de_Vitrasa
      • https://www.ccoo.gal/noticia:683058--CCOO_insta_o_Concello_de_Vigo_a_desbloquear_o_conflito_de_VITRASA