FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    Os profesionais da dobraxe de Galicia esixen respecto á dignidade profesional e o cumprimento do convenio colectivo

      Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG apoiaron hoxe publicamente as reivindicacións dos profesionais da dobraxe de Galicia, que esixen respecto á dignidade profesional e o cumprimento do convenio colectivo.

      29/02/2024.
      Conferencia de prensa conxunta de Comisións Obreiras (CCOO), UGT, CIG e e Artistas da Dobraxe (ADA)

      Conferencia de prensa conxunta de Comisións Obreiras (CCOO), UGT, CIG e e Artistas da Dobraxe (ADA)

      Os profesionais do colectivo da dobraxe en Galicia denuncian a «situación insostible e ilegal» que padecen desde hai anos polo incumprimento do convenio colectivo e as condicións laborais no sector. Esixen respecto á súa dignidade profesional, o cumprimento do asinado. Entre outras anomalías, aseguran que a dobraxe en lingua galega se está pagando integramente, mais cun salario que leva sen actualizar desde o 2006, mentres que en lingua castelá se paga moi por baixo do estipulado no convenio.

      Culpan da situación a patronal do sector, que leva incumprindo durante dúas décadas as xa obsoletas condicións salariais do convenio colectivo. Tamén poñen o foco sobre as ameazas das empresas de non contaren con aqueles intérpretes que non acepten traballar por baixo do recollido no convenio colectivo.

      Ademais do cumprimento do acordado, esixen a revisión das tarifas do 2006 para axeitalas á situación actual e que non se discrimine os actores e actrices de dobraxe segundo se o seu traballo for nunha ou noutra das linguas cooficiais de Galicia.

      Manifestación

      Alén de denunciaren a situación, os profesionais do sector e os sindicatos anunciaron unha manifestación para o vindeiro 17 de marzo. A marcha partirá ás 12 horas da Alameda de Santiago de Compostela e percorrerá varias rúas da capital de Galicia.

      Documentación asociada
      Documentación asociada