FSC-CCOO Galicia | 29 abril 2024.

8M Todo o ano, todo o tempo. POLA IGUALDADE DE XÉNERO
  • Menú Documentos

    CCOO logra toda a representación na empresa MONBUS URBANOS de Lugo

      Desde Comisións Obreiras salientan que unha forte representación deste sindicato é a “mellor garantía”para a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores.

      06/03/2024.
      CCOO gaña as EESS en Monbús Lugo

      CCOO gaña as EESS en Monbús Lugo

      Comisións Obreiras (CCOO) informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais da empresa Monbus Urbanos de Lugo, que esta semana elixiu ós seus 3 representantes. A estas eleccións estaban chamados 49 traballadores e traballadoras.O 60 % das persoas que exerceron o dereito ao voto apostaron polos candidatos e candidatas presentados por Comisións Obreiras, que deste xeito consegue a totalidade dos representantes na empresa.

      Desde CCOO agradécenlle aos traballadores e traballadoras a confianza depositada nas súas siglas e salientan que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo»